sábado, 23 de febreiro de 2019

Murmuriando por Burela

Murmuriando por Burela

En Burela hoxe tocou escoitar o mar dende o auditorio!!!! E ben que escoitamos, cantamos e bailamos con contos, lendas e cancións mariñeiras coa compañía "A Xanela do Maxín"


Que viva "O Murmurio do Mar"!!!!! 

venres, 15 de febreiro de 2019

Cantamos en "Gaia Ecocrianza"

Cantamos en "Gaia Ecocrianza"

Porque ser da Tribu Gaia mola!!!

Pasámolo moi pero que moi ben cantando, bailando e xogando con "Cantamos?"!!

sábado, 9 de febreiro de 2019

Presentación "Cantamos?" na Libraria "Soños de Papel"

Presentación "Cantamos?" na Libraria "Soños de Papel"

Na libraría Soños de Papel de Lugo tamén presentei o libro-disco "Cantamos?" que tantas alegrías nos está dando.


GRAZAS!!

luns, 4 de febreiro de 2019

Cantamos no "Teatro San Francisco" de León

Cantamos no "Teatro San Francisco" de León

E Viaxamos ao "Teatro San Francisco" de León
co espectáculo "Cantamos?" 
E por suposto que bailaron, cantaron e desfrutaron connosco!!!

sábado, 29 de decembro de 2018

Volvemos con "Cantamos?" a Compostela

Volvemos con "Cantamos?" a Compostela


Porque volver mola e en Compostela sempre somos moi ben acollidos para cantar e pasalo ben! E vaia se cantamos...



Na foto, probando son con Pablo Sanmamed, María Pámpano e Celtia Figueiras!


venres, 28 de decembro de 2018

Probando "Gale" - Mugardos

Probando "Gale" - Mugardos

As probas de son en "As Aventuras de Gale" de "A Xanela do Maxín" sempre son especiais. 

Desta vez na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de Mugardos con Celtia Figueiras e Pablo Sanmamed

Grazas por todo!

xoves, 27 de decembro de 2018

Na Casa de Man en Camelle (Camariñas)

Na Casa de Man en Camelle (Camariñas)


E cantamos e máis xogamos!


Na casa de Man: un museo distinto e pretiño do mar!!!!



Miles de grazas!!!

sábado, 22 de decembro de 2018

Teloneiro do Apalpador!


Teloneiro do Apalpador!
Pois facendo de teloneiro deste señor con barba vermella e gran corazón... O o o Apalpador!!!

Teloneiro do Apalpador!Coa compañia "A Xanela do Maxín" e o seu espectáculo "O Apalpador e a nena sen medo" nos Centros Culturais de Compostela: Vite, Fontiñas, O Ensanche... en colaboración con Semente Compostela e na compañía de unha chea de crianzas dispostas a pasalo moi, pero que moi ben!

Vimos monicreques, cantamos, bailamos e o Apalpador repartiu castañas para todas, ademáis de contarnos algún que outro segredo sobre o seu oficio.
É carboeiro... e tamén ten un apalpamóvel máxico para poder repartir presentes ás nenas e aos nenos na noite do 24 de decembro despois de apalparlles a barrighiña e murmurarlles: "Así esteas todo o ano..." desexándolles un ano cheo de felicidade e fartura.

Que teñades boas festas con moita música e diversión. E que viva o Apalpadorrrrr!!!!

venres, 21 de decembro de 2018

Titeremusicontos no CEIP Milladoiro, de Malpica

Titeremusicontos no CEIP Milladoiro, de Malpica

Moitísimas grazas por volver a contar comigo no CEIP Milladoiro de Malpica para celebrar esa entrada ao Nadal. 


Nesta ocasión con Titeremusicontos, da miña querida "A Xanela do Maxín"!



Canta... Contoooos

Contoooos... Cantaaaa...

Cantamos en Armunia, León

Cantamos en Armunia, León

Hoxe na Casa da Cultura de Armunia, en León, cantamos, bailamos e xogamos abondo con "Cantamos un Conto?" 

Continúo xirando con esta función tanto en Galiza coma no exterior, levando as nosas cancións-conto a tódolos recunchos!

domingo, 25 de novembro de 2018

Con Gale no Pazo da Cultura de Carballo

Con Gale no Pazo da Cultura de Carballo

E como non podía ser doutro xeito... acompañando a Gale no Pazo da Cultura de Carballo! E a Castelao, e a Rosalía...

"Buscando a Rosalía
disque anda na terra miña
miña terra, miña terra
terra onde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriña que prantei..."

venres, 23 de novembro de 2018

Preparadas, listos... Aranga!

Preparadas, listos... Aranga!

Todo preparado para dar comezo a actuación de "Cantamos un Conto?" no CEIP da Castellana, en Aranga.

"5 minutos para a función
que vos preparamos con tanta ilusión"


Ide vindo!!!