sábado, 29 de decembro de 2018

Volvemos con "Cantamos?" a Compostela

Volvemos con "Cantamos?" a Compostela


Porque volver mola e en Compostela sempre somos moi ben acollidos para cantar e pasalo ben! E vaia se cantamos...



Na foto, probando son con Pablo Sanmamed, María Pámpano e Celtia Figueiras!


venres, 28 de decembro de 2018

Probando "Gale" - Mugardos

Probando "Gale" - Mugardos

As probas de son en "As Aventuras de Gale" de "A Xanela do Maxín" sempre son especiais. 

Desta vez na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de Mugardos con Celtia Figueiras e Pablo Sanmamed

Grazas por todo!

xoves, 27 de decembro de 2018

Na Casa de Man en Camelle (Camariñas)

Na Casa de Man en Camelle (Camariñas)


E cantamos e máis xogamos!


Na casa de Man: un museo distinto e pretiño do mar!!!!



Miles de grazas!!!

sábado, 22 de decembro de 2018

Teloneiro do Apalpador!


Teloneiro do Apalpador!
Pois facendo de teloneiro deste señor con barba vermella e gran corazón... O o o Apalpador!!!

Teloneiro do Apalpador!Coa compañia "A Xanela do Maxín" e o seu espectáculo "O Apalpador e a nena sen medo" nos Centros Culturais de Compostela: Vite, Fontiñas, O Ensanche... en colaboración con Semente Compostela e na compañía de unha chea de crianzas dispostas a pasalo moi, pero que moi ben!

Vimos monicreques, cantamos, bailamos e o Apalpador repartiu castañas para todas, ademáis de contarnos algún que outro segredo sobre o seu oficio.
É carboeiro... e tamén ten un apalpamóvel máxico para poder repartir presentes ás nenas e aos nenos na noite do 24 de decembro despois de apalparlles a barrighiña e murmurarlles: "Así esteas todo o ano..." desexándolles un ano cheo de felicidade e fartura.

Que teñades boas festas con moita música e diversión. E que viva o Apalpadorrrrr!!!!

venres, 21 de decembro de 2018

Titeremusicontos no CEIP Milladoiro, de Malpica

Titeremusicontos no CEIP Milladoiro, de Malpica

Moitísimas grazas por volver a contar comigo no CEIP Milladoiro de Malpica para celebrar esa entrada ao Nadal. 


Nesta ocasión con Titeremusicontos, da miña querida "A Xanela do Maxín"!



Canta... Contoooos

Contoooos... Cantaaaa...

Cantamos en Armunia, León

Cantamos en Armunia, León

Hoxe na Casa da Cultura de Armunia, en León, cantamos, bailamos e xogamos abondo con "Cantamos un Conto?" 

Continúo xirando con esta función tanto en Galiza coma no exterior, levando as nosas cancións-conto a tódolos recunchos!