Pois facendo de teloneiro deste señor con barba vermella e gran corazón... O o o Apalpador!!!

Vimos monicreques, cantamos, bailamos e o Apalpador repartiu castañas para todas, ademáis de contarnos algún que outro segredo sobre o seu oficio.
É carboeiro... e tamén ten un apalpamóvel máxico para poder repartir presentes ás nenas e aos nenos na noite do 24 de decembro despois de apalparlles a barrighiña e murmurarlles: "Así esteas todo o ano..." desexándolles un ano cheo de felicidade e fartura.
Que teñades boas festas con moita música e diversión. E que viva o Apalpadorrrrr!!!!