O ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA


Gustaríanos celebrar convosco o aniversario da biblioteca con contos, cancións, misterios e por suposto unha gran torta de aniversario!
Cantos anos cumpre? Naceu nese mesmo lugar ou antes estaba localizada noutro sitio? Medrou? Entre todas e todos faremos de detectives. Buscaremos pistas sobre a historia da biblioteca entre os libros para crear a nosa particular “historia da biblioteca”, dende o nacemento ata actualidade. Porque en toda biblioteca hai mensaxes ocultas que nos dan pistas sobre a súa vida. Esas mensaxes están estratexicamente situadas nos estantes.
Descubrirémolo no transcurso da actividade, con música, cancións, contos, xogos, globos, grilandas…e unha gran torta coas súas candeas para desexarlle unha longa vida á biblioteca. Unha vida que estea chea de libros, socios, voluntarias, lectores e usuarias.


Ler Conta Moito 2018