mércores, 31 de outubro de 2018

Menudo Samaín!!!! En Mañón

Menudo Samaín!!!! En Mañón


Pois si!!!! Que mellor xeito de celebrar o Samaín que con música??? Porque ca música tamén se pode meter moito medddooooo... ja ja ja


domingo, 28 de outubro de 2018

Un gusto cantar para Lúa

Un gusto cantar para Lúa

A gatiña Lúa sempre me recibe ao grande, e eu... encantado de cantar para ela!


Lúa... miaña á Lúa...

Lúa... non deixa de soñar...
Que viaxa a novos lugares
Que tén amigos para Xogar



mércores, 24 de outubro de 2018

Parabéns biblioteca do Carballiño!!!!

Parabéns biblioteca do Carballiño!!!!

E que mellor día de celebralo que o día da biblioteca!!!! 



🎶Hoxe é día de festa

cantan as nosas almas🎶
🎶por esta biblioteca
unha salva de palmas 🎶


A cantar e bailarrrrrr...

martes, 23 de outubro de 2018

Aniversario da biblioteca de Brión!!!

Aniversario da biblioteca de Brión!!!

Unha celebración moi especial: a da nosa biblioteca! en Brión!!!
🎶Parabens para ti
nesta data querida🎶
🎶moitas felicidades
moitos anos de vida 🎶


http://bibliotecadebrion.blogspot.com/2018/10/celebramos-o-aniversario-da-biblioteca.html

luns, 22 de outubro de 2018

Novidade!! Atentas librarías!!!

Novidade!! Atentas librarías!!!

Xa podedes solicitar a actividade de "Cantamos?" para as librarías! Baseada no seu libro homónimo.


No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para ir a visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com

Máis información sobre o libro e actividades complementarias na seguinte ligazón: http://guindastre.gal/coleccions/lui-son/cantamos/

Vémonos!!!

sábado, 20 de outubro de 2018

Cantamos un Conto nas Pontes

Cantamos un Conto nas Pontes


Todo un luxo poder celebrar o día das bibliotecas na Biblioteca Enrique Rivera Rouco de As Pontes de García Rodríguez.

Un pracer compartir os meus contos cantados coa rapazada da vila. E que ben o pasamos!!!!

Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos ao grande. E que sexa por moitos anos máis!!!

martes, 16 de outubro de 2018

domingo, 7 de outubro de 2018

Cantándolle a Gale en Vimianzo

Cantándolle a Gale en Vimianzo

Xunto con María Pámpano e o seu violín dá gusto tocar e cantar. Desta vez en Vimianzo con Celtia Figueiras nas "Aventuras de Gale" de A Xanela do Maxín

Foi emocionante ver a un público tan entregado. Agardamos volver pronto!

venres, 5 de outubro de 2018

O Bigote de Mimí - Fun&Friday

O Bigote de Mimí - Fun&Friday



Con Mimí cantamos e bailamos no Marineda City da Coruña!!!!

Foi xenial, con Ramón Campos, Iago aos teclados, Chus na batería e Alfredo coa guitarra eléctrica. Moito ritmo e a tope de diversión!!