xoves, 30 de maio de 2019

Feira do Libro de Ourense


E tamén na Feira do Libro de Ourense!!! Presentando o libro-disco "Cantamos?" e pasándoo moi, pero que moi ben!!!


mércores, 29 de maio de 2019

Inquedu!!


Toda unha honra volver a presentar o Inquedu na Cidade da Cultura de Galicia un ano máis!!! E por suposto, encantadísimo de formar parte neste equipazo de grandes profesionais

martes, 21 de maio de 2019

Cantamos un Conto? coa Banda, na Pobra


O alumnado do CEIP Salustiano Rey puido gozar esta mañá co noso "Cantamos un Conto?" coa Banda. E ben que cantaron!!!

sábado, 18 de maio de 2019

Feira do libro de León














Así da gusto. De festa en festa!!!! Da das Letras Galegas á da Feira do Libro de León. Música en galego alén do Bierzo porque nin a música nin a nosa lingua entenden de fronteiras.

venres, 17 de maio de 2019

Festa da Lingua nas Letras Galegas


E como non podía ser doutro xeito, no día das Letras Galegas cantei na FESTA DA LINGUA de Semente Pontevedra.

Por mil primaveras máis!!!

venres, 10 de maio de 2019

Feira do Libro de Santiago de Compostela 2019


Esta foi a cara que se me quedou ao ver a como cantaron e bailaron as canción do Audio-Libro "Cantamos?" na Feira do Libro de Santiago de Compostela!!