mércores, 25 de xullo de 2018

Xinzo de Limia o 25 de xullo


Con Pablo Pérez Sanmamed e Mariajo Pampano, un concerto xenial! Cantando e xogando... e bailando... e saltando!!!

Canta... Contos...
Contos... Canta... 

domingo, 22 de xullo de 2018

Polo Parque do Retiro!



Levando os títeres e a nosa música ao Parque do Retiro, en Madrid!!

E, dende tan lonxe, demos escoitado o murmurio do mar. As súas lendas, contos e cancións...

Con "A Xanela do Maxín" e este vello mariñeiro gozamos ao grande no Festival de Verán do Teatro de Títeres do Retiro. 

Deica a próxima!!

xoves, 12 de xullo de 2018

No campamento Cantamos un Conto


Porque no campamento de Oza-Cesuras tamén cantan... e que Contos Cantamos!! Tres Porquiños, Contos da Terra, Xan sen Medo, Marqués de Carabás...

E a desfrutar do verán!!!!

xoves, 5 de xullo de 2018

Cantamos no campamento!!! Curtis


Porque non hai campamento sen música!!!! E con contos... aínda mellor. Hoxe, con "Cantamos un Conto?" no multiúsos de Curtis pasámolo en grande