O BIGOTE DE MIMÍ

Un espectáculo baseado no libro homónimo de Manuel María

Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…

GRAN FORMATO

Un proxecto que une a un titiriteiro e unha banda de música para axudar a Mimí a contar a súa historia. Unha suma de recursos escénicos (plásticos, musicais, lingüísticos e corporais) dirixidos ao público infantil e familiar.
Un Dr.Guitarrista que agocha un segredo nos dedos, un baixista tremendo, un batería sobrado de ritmo, ratos abondos e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

PEQUENO FORMATO











Tamén contamos cunha versión en pequeno formato, ideal para a rúa! aínda que nos teatros e auditorios tamén podedes gozar dela.

Un estilo acústico sen descoidar o ritmo e a frescura da orixinal.

En O Bigote de Mimí atopamos unha metáfora da inspiración proxectada nos bigotes dun gato: son os que o fan ser que é pero, se alguén llos afeita pode arrebatarlle a identidade, aínda que quen o faga sexa algúen que o estima e pensa que o fai para o seu ben.