xoves, 28 de xuño de 2018

A bailar na Biblioteca Municipal de Lugo!!!


Porque cantamos, pero tamén bailamos. E bailamos moito... e ben!!! Case tan ben coma o ben que o pasamos.

Con "Cantamos un Conto?" a diversión está asegurada... unha vez máis.

Vémonos noutra!

xoves, 21 de xuño de 2018

Cantares das Letras no CEIP Monterroso!



Hoxe no CEIP de Monterroso moi ben o pasamos Cantando coas Letras Galegas no último día de curso.

Porque, claro que si! As Letras Galegas poden ser tódolos días do ano... días de música e letras, autoras e libros, palabras, poemas... e Cantares das Letras!!!

Celebremos tódolos días a Música!!



Hoxe día 21 de Xuño estamos a celebrar o Día da Música no Concello de O Pino, na Escola Unitaria Gonzar.

Que a música chegue a tódolos nen@s alá onde queira que estean!!! 

mércores, 20 de xuño de 2018

En Lañas (A Baña)



No cole de Lañas, en A Baña, tamén cantamos, bailamos e pasámolo xenial!

Un público fantástico. 
Grazas!

venres, 15 de xuño de 2018

A titeremusiquear no Fun & Friday!


Hoxe dentro da programación "Fun & Friday" do Marineda City estou co Titeremusicontos de A Xanela do Maxín!

A piques de comezar... 
"5 minutos para a función
que vos preparamos con tanta ilusión. Ti ti ti... tiritititi
A Xanela do Maxín..." 

sábado, 9 de xuño de 2018

Sala Tarambana, Madrid


Xusto antes de dar comezo á miña actuación na Sala Tarambana de Madrid con "Cantamos un Conto?"

Todo un pracer viaxar coa nosa arte e a nosa música de aquí para alá...

Volverémonos a ver. Deica pronto!

venres, 25 de maio de 2018

INQUEDU


Encantado de volver a formar parte do INQUEDU, como presentador e animador do evento só me queda dicir que... 

se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!!!! Seguro que si

Vémonos na próxima!!!!

luns, 21 de maio de 2018

Por Rosalía e Mª Victoria no auditorio das Neves


No auditorio das Neves, para as nenas e nenos do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, cantamos e bailamos por e para as Letras Galegas.

"Buscando a Rosalía
disque anda na terra miña
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei...

E busquei e busquei
e por alí a atopei..."

venres, 18 de maio de 2018

Cantámoslle ás letras no CEIP Monte Baliño


Unha actividade moi especial para un día tamén moi especial: O das letras galegas!

E no CEIP Monte Baliño de Lugo ben que o celebramos, con poesía, música e moito, moito ritmo

https://ceipmontebalinho.blogspot.com/2018/05/dia-das-letras-galegas.html