venres, 25 de maio de 2018

INQUEDU 2018

INQUEDU 2018
Encantado de volver a formar parte do INQUEDU, como presentador e animador do evento só me queda dicir que... 

se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!!!! Seguro que si

Vémonos na próxima!!!!

luns, 21 de maio de 2018

Por Rosalía e Mª Victoria no auditorio das Neves

Por Rosalía e Mª Victoria no auditorio das Neves

No auditorio das Neves, para as nenas e nenos do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, cantamos e bailamos por e para as Letras Galegas.



"Buscando a Rosalía

disque anda na terra miña
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei...

E busquei e busquei
e por alí a atopei..."

venres, 18 de maio de 2018

Cantámoslle ás letras no CEIP Monte Baliño

Cantámoslle ás letras no CEIP Monte Baliño
Unha actividade moi especial para un día tamén moi especial: O das letras galegas!

E no CEIP Monte Baliño de Lugo ben que o celebramos, con poesía, música e moito, moito ritmo

https://ceipmontebalinho.blogspot.com/2018/05/dia-das-letras-galegas.html

xoves, 17 de maio de 2018

Día das Letras Galegas en Ourense

Día das Letras Galegas en Ourense

Volvendo a Ourense. Desta vez "Cantamos un Conto?" coa Banda na Sala Valente o Día das Letras Galegas. 


Xunto con María José Pámpano ao violín, Pablo Pérez Sanmamed no contrabaixo e Fernando Martínez de Vega coas luces o éxito está máis que asegurado!!

Coas "Aventuras de Gale" en Betanzos!!

Coas "Aventuras de Gale" en Betanzos!!

Prestando as miñas mans, guitarra e voz a Gale para transmitir a súa historia nun espectáculo de "A Xanela do Maxín" baseado na Historia da Lingua Galega, de Pepe Carreiro. 

Sempre en boa compañía, con María José Pámpano ao violín, Celtia Figueiras cos monicreques, Fernando Martínez de Vega manexando as luces e Xaime Cortizo de fotógrafo. Un luxo!

mércores, 16 de maio de 2018

Cantares... CEIP do Páramo

Cantares... CEIP do Páramo

Tamén celebramos as Letras Galegas no CEIP do Páramo  con "Cantares das Letras, de Rosalía a Mª Victoria" cantando e bailando, como non podía ser doutro xeito!

Letras Galegas no CPI Tino Grandío

Letras Galegas no CPI Tino Grandío

Celebrando as Letras Galegas no CPI Tino Grandío de Guntín



Cantamos a María Victoria Moreno, a Rosalía de Castro, a Manuel María, Carlos Casares e  a outrxs grandes das letras na inauguración do seu Salón de Actos. Que honra!!!

martes, 15 de maio de 2018

Cantares das Letras en Vigo

Cantares das Letras en Vigo

As nenas e nenos do EEI Cristo da Victoria de Vigo xa coñecen a María Victoria Moreno, e tamén a Rosalía de Castro... por suposto! 

Cantamos poemas e xogamos cas letras, como ten que ser!

luns, 14 de maio de 2018

Aniversario da Biblioteca de Melide

Aniversario da Biblioteca de Melide

"Parabéns para ti

nesta data querida
moitas felicidades 
moitos anos de vida


Hoxe é día de festa

cantan as nosas almas
pola biblioteca
unha salva de palmas"


Feliz 40 cumpreanos!!!!


sábado, 12 de maio de 2018

Librería O Pontillón con "Cantamos un Conto?"

Librería O Pontillón con "Cantamos un Conto?"

No espazo-lector Nobel O Pontillón, de Moaña pasámolo en grande!!!! 

Un lugar ideal para desfrutar dos contos, entre libros, música e moita diversión

domingo, 6 de maio de 2018

Feira do Libro de Santiago 2018

Feira do Libro de Santiago 2018

Todo un pracer cantar na Feira do libro de Santiago en homenaxe a Mª Victoria Moreno e Rosalía de Castro!


E tamén bailar, claro. E saltar!!! Que ben o pasamos!!!!

venres, 4 de maio de 2018

Fin de Semana en Santiago


Para aqueles que esteades preto de Santiago, esta fin de semana convídovos a embarcar na miña nave, para bailar, cantar e xogar... 

Despegamoooosss!!l

martes, 1 de maio de 2018

Estreando adhesivo en Lourenzá

Estreando adhesivo en Lourenzá

Feliz co novo adhesivo da miña guitarra: a nave espacial!!!! A estrear neste concerto de Lourenzá xunto con Pablo Pérez Sanmamede e Maria José Pámpano

E non volo perdades, porque teño un para cada unha das nenas e nenos que vides ao concerto! Ademais, escaneando este adhesivo coa aplicación "layar" no smartphone ou tablet podedes atopar cancións, vídeos e moitas outras sorpresas