As probas de son en "As Aventuras de Gale" de "A Xanela do Maxín" sempre son especiais. Desta vez na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de Mugardos con Celtia Figueiras e Pablo Sanmamed Grazas por todo!
Pois facendo de teloneiro deste señor con barba vermella e gran corazón... O o o Apalpador!!! Coa compañia "A Xanela do Maxín" e o seu espectáculo "O Apalpador e a nena sen medo" nos Centros Culturais de Compostela: Vite, Fontiñas, O Ensanche... en colaboración con Semente Compostela e na compañía de unha chea de crianzas dispostas a pasalo moi, pero que moi ben! Vimos monicreques, cantamos, bailamos e o Apalpador repartiu castañas para todas, ademáis de contarnos algún que outro segredo sobre o seu oficio. É carboeiro... e tamén ten un apalpamóvel máxico para poder repartir presentes ás nenas e aos nenos na noite do 24 de decembro despois de apalparlles a barrighiña e murmurarlles: "Así esteas todo o ano..." desexándolles un ano cheo de felicidade e fartura. Que teñades boas festas con moita música e diversión. E que viva o Apalpadorrrrr!!!!
Hoxe na Casa da Cultura de Armunia, en León, cantamos, bailamos e xogamos abondo con "Cantamos un Conto?" Continúo xirando con esta función tanto en Galiza coma no exterior, levando as nosas cancións-conto a tódolos recunchos!
E como non podía ser doutro xeito... acompañando a Gale no Pazo da Cultura de Carballo! E a Castelao, e a Rosalía... "Buscando a Rosalía disque anda na terra miña miña terra, miña terra terra onde me eu criei hortiña que quero tanto figueiriña que prantei..."
Hoxe xuntáronse as escolas unitarias de Vilarmaior, Paderne e Miño para cantar comigo... e que ben o pasamos!!!! Dá gusto como colaboran estes Concellos en pro da Cultura!! A seguir asiiii!!
Así lucía o escenario de Caja Círculo de Burgos minutos antes da 1ª das 8 representacións de "O Murmurio do Mar" nas que esta semana terei o pracer de actuar para o programa "La Escuela al teatro" do Ayuntamiento de Burgos
Xa podedes solicitar a actividade de "Cantamos?" para as librarías! Baseada no seu libro homónimo.
No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para ir a visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com
Todo un luxo poder celebrar o día das bibliotecas na Biblioteca Enrique Rivera Rouco de As Pontes de García Rodríguez. Un pracer compartir os meus contos cantados coa rapazada da vila. E que ben o pasamos!!!! Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos ao grande. E que sexa por moitos anos máis!!!
Xunto con María Pámpano e o seu violín dá gusto tocar e cantar. Desta vez en Vimianzo con Celtia Figueiras nas "Aventuras de Gale" de A Xanela do Maxín. Foi emocionante ver a un público tan entregado. Agardamos volver pronto!
Unha vez máis prestando a miña voz e guitarra a Gale para que poida compartir as súas aventuras coas nenas e nenos. Nesta ocasión na Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames. Grazas a Pablo Sanmamed!!! Grande ao contrabaixo. E a Celtia Figueiras que lles presta o seu corazón aos monicreques para contarnos tan fermosa historia.
Xa temos connosco a "CANTAMOS?". Un audiolibro-disco cheo de emocións, con contos que son cancións, música para xogar e bailar, debuxos de ler e letras para soñar.
Con "A Pequena Lúa" viaxamos a Jerez para participar na 9º edición de "Títeres en el Jardín". Foi máxico e entrañable. Un millón de grazas a "La Gotera de Lazotea" por convidarnos, a Juanma, a Eva e a tódalas persoas que nos acompañaron e, por suposto, ao público. Foi xenial!
Levando os títeres e a nosa música ao Parque do Retiro, en Madrid!! E, dende tan lonxe, demos escoitado o murmurio do mar. As súas lendas, contos e cancións... Con "A Xanela do Maxín" e este vello mariñeiro gozamos ao grande no Festival de Verán do Teatro de Títeres do Retiro. Deica a próxima!!
Hoxe no CEIP de Monterroso moi ben o pasamos Cantando coas Letras Galegas no último día de curso.
Porque, claro que si! As Letras Galegas poden ser tódolos días do ano... días de música e letras, autoras e libros, palabras, poemas... e Cantares das Letras!!!
Encantado de volver a formar parte do INQUEDU, como presentador e animador do evento só me queda dicir que... se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!!!! Seguro que si Vémonos na próxima!!!!
Prestando as miñas mans, guitarra e voz a Gale para transmitir a súa historia nun espectáculo de "A Xanela do Maxín" baseado na Historia da Lingua Galega, de Pepe Carreiro. Sempre en boa compañía, con María José Pámpano ao violín, Celtia Figueiras cos monicreques, Fernando Martínez de Vega manexando as luces e Xaime Cortizo de fotógrafo. Un luxo!
Tamén celebramos as Letras Galegas no CEIP do Páramo con "Cantares das Letras, de Rosalía a Mª Victoria" cantando e bailando, como non podía ser doutro xeito!
Celebrando as Letras Galegas no CPI Tino Grandío de Guntín
Cantamos a María Victoria Moreno, a Rosalía de Castro, a Manuel María, Carlos Casares e a outrxs grandes das letras na inauguración do seu Salón de Actos. Que honra!!!
As nenas e nenos do EEI Cristo da Victoria de Vigo xa coñecen a María Victoria Moreno, e tamén a Rosalía de Castro... por suposto! Cantamos poemas e xogamos cas letras, como ten que ser!