mércores, 21 de marzo de 2018

Murmuriando co mar...en Santiago de Compostela

Murmuriando co mar...en Santiago de Compostela
Recibindo ás crianças da Semente no teatro en Santiago...

A piques de comezar co "Murmurio do Mar" de A Xanela do Maxín. Unha obra chea de sorpresas, con lendas e cancións mariñeiras para aprender a escoitar o mar... e aprender do seus murmurio

xoves, 8 de marzo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Xa temos preparado o noso espectáculo!!

Unha vez máis xuntamos a música e o teatro para achegarnos aos centros educativos e conmemorar, deste xeito, as Letras Galegas. 

Nesta ocasión, ademais de homenaxear a Victoria Moreno, tamén faremos un percorrido pola historia das Letras, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. Todo isto co tono desenfadado e divertido que caracteriza ao noso proxecto. Cunha duración de 50 minutos aprox.


venres, 2 de febreiro de 2018

vídeo-resumo 2017

No 2017 publiquei este vídeo cun metrónomo en troques da música... para facer voar a imaxinación sen que decaia o ritmo!  Resumo da miña traxectoria que me gustaría compartir tamén convosco a través deste blog.

Xa falta menos para ter novos vídeos. Como ben din por aquí... sen presa pero sen pausa.

Velaivai...




mércores, 24 de xaneiro de 2018

E que me dicides de Mimí?

Menuda banda!


Co "Bigote de Mimí", de Manuel María, case recorremos toda Galicia



E a seguir espantando ratos!!!!

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Titeremusicontos en Aguiño, Riveira

Titeremusicontos en Aguiño, Riveira
En Aguiño, Riveira... cun dos espectáculos aos que máis cariño lle teño. Estreado no 2011 pola compañía "A Xanela do Maxín", foi a miña primeira producción con música e monicreques para nenas e nenos.

Unha proposta que me abriu as portas á música infantil e que cambiou radicalmente a relación que teño co público, dende entón case sempre acompañado pola miña guitarra, o ritmo e a música.

Hoxe, 7 anos despois, actuando en Riveira, emocionado ao ver como esas primeiras cancións seguen facendo gozar a pequenos e maiores.

martes, 16 de xaneiro de 2018

Todo comezou...


Todo comezou no 2012 con "Cantamos un Conto?"

En colexios e bibliotecas sempre fun moi ben acollido, de tal xeito que de vez en cando, ata facemos unha piña!!!

E tamén nos teatros, salas e incluso na rúa. 

Agradecido estou de ter un público tan marabilloso!

martes, 2 de xaneiro de 2018

Estreamos 2018 cun novo blog!!!!

Con moita ilusión e ánimo iniciamos este ano cunha morea de ideas bulindo no maxín. 

Novas aventuras, proxectos e moita,  moita música!!!!

Irémolas compartindo convosco a través desta canle.

Deica pronto!