sábado, 15 de xuño de 2019

Feira do Libro de Riveira 2019

Feira do Libro de Riveira 2019

E continuando coa xira que me leva por toda Galicia... grazas á Federación de Librarías neste 2019.  

Fixeron un gran corro e bailaron e  cantaron!!!

venres, 14 de xuño de 2019

Celic Santiago 2019

Celic Santiago 2019

No Celic de Santiago pasámolo moi ben e desfrutamos dunha tarde de sol, música, libros e amor!!!



xoves, 13 de xuño de 2019

domingo, 9 de xuño de 2019

Feira do Libro de Redondela 2019

O Sorriso da Avoa que aparece na foto non ten prezo!! Unha tarde marabillosa desfrutantando dos libros e da música!



luns, 3 de xuño de 2019

Pola Pobra do Caramiñal unha vez máis!

Pola Pobra do Caramiñal unha vez máis!


Hoxe estivemos a miña banda e máis eu actuando por segunda vez neste marabilloso pobo. Cal é¿? A POBRA DO CARAMIÑAL, por suposto. Un paraíso con boa xente e moita rapazada sempre disposta a divertirse e pasalo... BEN!

domingo, 2 de xuño de 2019

Sala Ártika - A toupiña

Sala Ártika - A toupiña

"Quen me faría isto na cabeza / o cabalo non foi... iiii prfff / a pomba non foi / brrrr brrrr / quen sería? / quen sería?" Quen lle faría aquilo na cabeza á nosa Toupiña?? En Vigo xa o saben, porque onte e hoxe estivemos na Sala Ártika cantando e gozando con este espectáculo de "A Xanela do Maxín" no que tanto me gusta participar.

Coa Toupiña na Sala Artika

Eu so me deixo nas mellores mans cando é cousa
de poñerse guapo!!

Coa Toupiña na Sala Artika Coa Toupiña na Sala Artika

xoves, 30 de maio de 2019

Feira do Libro de Ourense

Feira do Libro de Ourense

E tamén na Feira do Libro de Ourense!!! Presentando o libro-disco "Cantamos?" e pasándoo moi, pero que moi ben!!!


mércores, 29 de maio de 2019

Inquedu 2019!!

Inquedu 2019!!

Toda unha honra volver a presentar o Inquedu na Cidade da Cultura de Galicia un ano máis!!! E por suposto, encantadísimo de formar parte neste equipazo de grandes profesionais

martes, 21 de maio de 2019

Cantamos un Conto? coa Banda, na Pobra

Cantamos un Conto? coa Banda, na Pobra

O alumnado do CEIP Salustiano Rey puido gozar esta mañá co noso "Cantamos un Conto?" coa Banda. E ben que cantaron!!!

sábado, 18 de maio de 2019

Feira do libro de León

Feira do libro de León













Así da gusto. De festa en festa!!!! Da das Letras Galegas á da Feira do Libro de León. Música en galego alén do Bierzo porque nin a música nin a nosa lingua entenden de fronteiras.

venres, 17 de maio de 2019

Festa da Lingua nas Letras Galegas 2019

Festa da Lingua nas Letras Galegas 2019

E como non podía ser doutro xeito, no día das Letras Galegas cantei na FESTA DA LINGUA de Semente Pontevedra.

Por mil primaveras máis!!!

venres, 10 de maio de 2019

Feira do Libro de Santiago de Compostela 2019

Feira do Libro de Santiago de Compostela 2019
Esta foi a cara que se me quedou ao ver a como cantaron e bailaron as canción do Audio-Libro "Cantamos?" na Feira do Libro de Santiago de Compostela!!