Porque cantar... cantei! no CEIP Rosalía de Castro de Padrón.
http://aulasceiprosalia.blogspot.com/2018/05/unha-semana-chea-de-actividades.html
martes, 8 de maio de 2018
domingo, 6 de maio de 2018
Feira do Libro de Santiago 2018
Todo un pracer cantar na Feira do libro de Santiago en homenaxe a Mª Victoria Moreno e Rosalía de Castro!
E tamén bailar, claro. E saltar!!! Que ben o pasamos!!!!
venres, 4 de maio de 2018
Fin de Semana en Santiago
Para aqueles que esteades preto de Santiago, esta fin de semana convídovos a embarcar na miña nave, para bailar, cantar e xogar...
Despegamoooosss!!l
martes, 1 de maio de 2018
Estreando adhesivo en Lourenzá
Feliz co novo adhesivo da miña guitarra: a nave espacial!!!! A estrear neste concerto de Lourenzá xunto con Pablo Pérez Sanmamede e Maria José Pámpano
E non volo perdades, porque teño un para cada unha das nenas e nenos que vides ao concerto! Ademais, escaneando este adhesivo coa aplicación "layar" no smartphone ou tablet podedes atopar cancións, vídeos e moitas outras sorpresas
venres, 27 de abril de 2018
A Bailar! Na Baña con "Cantamos un Conto?"
Que ben o pasamos na Baña!!
Cantamos contos, pero tamén bailamos e xogamos... moito
Agardo volver pronto. Vémonos!
Cantamos contos, pero tamén bailamos e xogamos... moito
Agardo volver pronto. Vémonos!
luns, 23 de abril de 2018
Día do libro 2018 no CEIP Sofía Casanova

Celebrando o día do libro con moito ritmo no CEIP Sofía Casanova de Culleredo!
E tamén teñen blog!
https://bufolector.blogspot.com/2018/04/dia-do-libro-segunda-parte.html
Cocoroqueamos no EEI Vilarrodís
No EEI de Vilarrodís bailan a todo bailar ca "Galiña Azul"!
Ata me fixeron unha entrada no seu blog.
http://ospequechosdevilarrodis.blogspot.com/2018/05/homenaxe-ao-libro.html
Ata me fixeron unha entrada no seu blog.
http://ospequechosdevilarrodis.blogspot.com/2018/05/homenaxe-ao-libro.html
Feira do Libro de Ferrol 2018
sábado, 21 de abril de 2018
Cantamos un Conto? en Corcubión!
Que maneira de cantar, bailar e xogar!!!!
Grazas á Biblioteca Pública de Corcubión por contar comigo.
Foi fantástico gozar a mañá do sábado coa rapazada da vila!
E xa sabedes... se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!
venres, 20 de abril de 2018
Pasándoo ben en Ponteceso!
Nuns dos momento da actuación de onte 19 de Abril do espectáculo Cantamos un Conto? na Biblioteca Municipal do Concello de Ponteceso

Agradecer (como non pode ser de outra maneira) a tod@s @s que decidiron compartir a tarde conmigo e cos Tres Porquiños, e co Galo Kirilo entre outros persoaxes que viven no noso imaxinario colectivo e nos ensinan e entreteñen!!!!
martes, 17 de abril de 2018
Co mar ata no Concello de Oza-Cesuras
No CEIP Forte-Bragade do concello de Oza-Cesuras levamos o noso "Murmurio do Mar" da Xanela do Maxín.
Foi xenial! Volveremos...
mércores, 21 de marzo de 2018
Murmuriando co mar...en Santiago de Compostela
A piques de comezar co "Murmurio do Mar" de A Xanela do Maxín. Unha obra chea de sorpresas, con lendas e cancións mariñeiras para aprender a escoitar o mar... e aprender do seus murmurio
xoves, 8 de marzo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Xa temos preparado o noso espectáculo!!
Unha vez máis xuntamos a música e o teatro para achegarnos aos centros educativos e conmemorar, deste xeito, as Letras Galegas.
Nesta ocasión, ademais de homenaxear a Victoria Moreno, tamén faremos un percorrido pola historia das Letras, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. Todo isto co tono desenfadado e divertido que caracteriza ao noso proxecto. Cunha duración de 50 minutos aprox.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







