Encantado de volver a formar parte do INQUEDU, como presentador e animador do evento só me queda dicir que... se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!!!! Seguro que si Vémonos na próxima!!!!
Prestando as miñas mans, guitarra e voz a Gale para transmitir a súa historia nun espectáculo de "A Xanela do Maxín" baseado na Historia da Lingua Galega, de Pepe Carreiro. Sempre en boa compañía, con María José Pámpano ao violín, Celtia Figueiras cos monicreques, Fernando Martínez de Vega manexando as luces e Xaime Cortizo de fotógrafo. Un luxo!
Tamén celebramos as Letras Galegas no CEIP do Páramo con "Cantares das Letras, de Rosalía a Mª Victoria" cantando e bailando, como non podía ser doutro xeito!
Celebrando as Letras Galegas no CPI Tino Grandío de Guntín
Cantamos a María Victoria Moreno, a Rosalía de Castro, a Manuel María, Carlos Casares e a outrxs grandes das letras na inauguración do seu Salón de Actos. Que honra!!!
As nenas e nenos do EEI Cristo da Victoria de Vigo xa coñecen a María Victoria Moreno, e tamén a Rosalía de Castro... por suposto! Cantamos poemas e xogamos cas letras, como ten que ser!
Todo un pracer cantar na Feira do libro de Santiago en homenaxe a Mª Victoria Moreno e Rosalía de Castro! E tamén bailar, claro. E saltar!!! Que ben o pasamos!!!!
Feliz co novo adhesivo da miña guitarra: a nave espacial!!!! A estrear neste concerto de Lourenzá xunto con Pablo Pérez Sanmamede e Maria José Pámpano E non volo perdades, porque teño un para cada unha das nenas e nenos que vides ao concerto! Ademais, escaneando este adhesivo coa aplicación "layar" no smartphone ou tablet podedes atopar cancións, vídeos e moitas outras sorpresas