sábado, 12 de maio de 2018

Librería O Pontillón con "Cantamos un Conto?"

Librería O Pontillón con "Cantamos un Conto?"

No espazo-lector Nobel O Pontillón, de Moaña pasámolo en grande!!!! 

Un lugar ideal para desfrutar dos contos, entre libros, música e moita diversión

domingo, 6 de maio de 2018

Feira do Libro de Santiago 2018

Feira do Libro de Santiago 2018

Todo un pracer cantar na Feira do libro de Santiago en homenaxe a Mª Victoria Moreno e Rosalía de Castro!


E tamén bailar, claro. E saltar!!! Que ben o pasamos!!!!

venres, 4 de maio de 2018

Fin de Semana en Santiago


Para aqueles que esteades preto de Santiago, esta fin de semana convídovos a embarcar na miña nave, para bailar, cantar e xogar... 

Despegamoooosss!!l

martes, 1 de maio de 2018

Estreando adhesivo en Lourenzá

Estreando adhesivo en Lourenzá

Feliz co novo adhesivo da miña guitarra: a nave espacial!!!! A estrear neste concerto de Lourenzá xunto con Pablo Pérez Sanmamede e Maria José Pámpano

E non volo perdades, porque teño un para cada unha das nenas e nenos que vides ao concerto! Ademais, escaneando este adhesivo coa aplicación "layar" no smartphone ou tablet podedes atopar cancións, vídeos e moitas outras sorpresas

venres, 27 de abril de 2018

A Bailar! Na Baña con "Cantamos un Conto?"

A Bailar! Na Baña con "Cantamos un Conto?"
Que ben o pasamos na Baña!!

Cantamos contos, pero tamén bailamos e xogamos... moito

Agardo volver pronto. Vémonos!

luns, 23 de abril de 2018

Día do libro 2018 no CEIP Sofía Casanova

Día do libro 2018 no CEIP Sofía Casanova
Celebrando o día do libro con moito ritmo no CEIP Sofía Casanova de Culleredo! 

E tamén teñen blog!
https://bufolector.blogspot.com/2018/04/dia-do-libro-segunda-parte.html

Cocoroqueamos no EEI Vilarrodís

Cocoroqueamos no EEI Vilarrodís
No EEI de Vilarrodís bailan a todo bailar ca "Galiña Azul"! 

Ata me fixeron unha entrada no seu blog. 
http://ospequechosdevilarrodis.blogspot.com/2018/05/homenaxe-ao-libro.html

Feira do Libro de Ferrol 2018

Feira do Libro de Ferrol 2018

Estrea de "Cantares das Letras, de Rosalía a Victoria" na Feira do Libro de Ferrol!

Unha proposta musical na que se homenaxean a Mª Victoria Moreno e a outras autoras e autores que tamén foron Letras Galegas.

Porque ben o merecen!!!


sábado, 21 de abril de 2018

Cantamos un Conto? en Corcubión!

Cantamos un Conto? en Corcubión!
Que maneira de cantar, bailar e xogar!!!! 


Grazas á Biblioteca Pública de Corcubión por contar comigo. 



Foi fantástico gozar a mañá do sábado coa rapazada da vila!



E xa sabedes... se o mundo é redondo, volverémonos a atopar!

venres, 20 de abril de 2018

Pasándoo ben en Ponteceso!

Nuns dos momento da actuación de onte 19 de Abril do espectáculo Cantamos un Conto? na Biblioteca Municipal do Concello de Ponteceso

Pasándoo ben en Ponteceso!
Agradecer (como non pode ser de outra maneira) a tod@s @s que decidiron compartir a tarde conmigo e cos Tres Porquiños,  e co Galo Kirilo entre outros persoaxes que viven no noso imaxinario colectivo e nos ensinan e entreteñen!!!!


martes, 17 de abril de 2018

Co mar ata no Concello de Oza-Cesuras

Co mar ata no Concello de Oza-Cesuras

No CEIP Forte-Bragade do concello de Oza-Cesuras levamos o noso "Murmurio do Mar" da Xanela do Maxín. 


Foi xenial! Volveremos...