CANTAMOS UN CONTO?


Contos Clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia volven dun xeito diferente, reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten connosco, desfrutando de momentos moi especiais.

Unha selección de historias dos irmáns Grimm, Andersen ou Perrault foron elexidas para compoñer sorprendentes cancións coas que nos divertiremos cantando todos e todas. Cantaremos e bailaremos con "Xan sen Medo", "Os Tres Porquiños", "O Galo Kiriko" e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.

Este proxecto nace dende a idea de que cada intervención sexa única e inesquecible. Un concerto diferente no que caben diversos contos cantados que poden variar dependendo de determinadas efemérides, festividades, conmemoracións, etc. pero que coinciden no seu ton desenfadado e divertido. Cantamos un conto na biblioteca?, Cantamos no Samaín? Cantamos no Magosto?... todas elas co fío común dos contos, dos xogos e da música, moita música!!!!!



E TAMÉN DISPOÑIBLE COA BANDA..



E cunha banda do máis peculiar. Un concerto para toda a familia único e inesquecible, cheo de sorpresas e diversión que non deixará indiferente a ninguén.