domingo, 25 de novembro de 2018

Con Gale no Pazo da Cultura de Carballo

Con Gale no Pazo da Cultura de Carballo

E como non podía ser doutro xeito... acompañando a Gale no Pazo da Cultura de Carballo! E a Castelao, e a Rosalía...

"Buscando a Rosalía
disque anda na terra miña
miña terra, miña terra
terra onde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriña que prantei..."

venres, 23 de novembro de 2018

Preparadas, listos... Aranga!

Preparadas, listos... Aranga!

Todo preparado para dar comezo a actuación de "Cantamos un Conto?" no CEIP da Castellana, en Aranga.

"5 minutos para a función
que vos preparamos con tanta ilusión"


Ide vindo!!!


xoves, 22 de novembro de 2018

Cantamos por Sobrado dos Monxes

Cantamos por Sobrado dos Monxes

Despois da fermosa escenografía que prepararon, eu non podía facer outra cousa!! Que estas crianzas o pasaran beeeeeen!!! 
E tamén fixeron fotos no noso "photo-call" Grazas ao Ceip Virxen do Portal do Concello de Sobrado por contar de novo connosco!!! Apertas Xigantes!! E que siga o Magosto!!!!

#cantamos #musicafamiliar #musicainfantil #músicafamiliar #magosto#xogospopulares #campañaescolar #músicanocole #músicaendirecto

venres, 16 de novembro de 2018

mércores, 14 de novembro de 2018

Cantamos un Conto? Vilarmaior, Paderne e Miño

Cantamos un Conto? Vilarmaior, Paderne e Miño

Hoxe xuntáronse as escolas unitarias de Vilarmaior, Paderne e Miño para cantar comigo... e que ben o pasamos!!!! 

Dá gusto como colaboran estes Concellos 
en pro da Cultura!! A seguir asiiii!!

martes, 6 de novembro de 2018

"O Murmurio do Mar" Visitou Burgos

"O Murmurio do Mar" Visitou Burgos

Así lucía o escenario de Caja Círculo de Burgos minutos antes da 1ª das 8 representacións de "O Murmurio do Mar" nas que esta semana terei o pracer de actuar para o programa "La Escuela al teatro" do Ayuntamiento de Burgos