Xa podedes solicitar a actividade de "Cantamos?" para as librarías! Baseada no seu libro homónimo.
No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para ir a visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com
Todo un luxo poder celebrar o día das bibliotecas na Biblioteca Enrique Rivera Rouco de As Pontes de García Rodríguez. Un pracer compartir os meus contos cantados coa rapazada da vila. E que ben o pasamos!!!! Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos ao grande. E que sexa por moitos anos máis!!!
Xunto con María Pámpano e o seu violín dá gusto tocar e cantar. Desta vez en Vimianzo con Celtia Figueiras nas "Aventuras de Gale" de A Xanela do Maxín. Foi emocionante ver a un público tan entregado. Agardamos volver pronto!
Unha vez máis prestando a miña voz e guitarra a Gale para que poida compartir as súas aventuras coas nenas e nenos. Nesta ocasión na Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames. Grazas a Pablo Sanmamed!!! Grande ao contrabaixo. E a Celtia Figueiras que lles presta o seu corazón aos monicreques para contarnos tan fermosa historia.
Xa temos connosco a "CANTAMOS?". Un audiolibro-disco cheo de emocións, con contos que son cancións, música para xogar e bailar, debuxos de ler e letras para soñar.
Con "A Pequena Lúa" viaxamos a Jerez para participar na 9º edición de "Títeres en el Jardín". Foi máxico e entrañable. Un millón de grazas a "La Gotera de Lazotea" por convidarnos, a Juanma, a Eva e a tódalas persoas que nos acompañaron e, por suposto, ao público. Foi xenial!