Porque volver mola e en Compostela sempre somos moi ben acollidos para cantar e pasalo ben! E vaia se cantamos...
Na foto, probando son con Pablo Sanmamed, María Pámpano e Celtia Figueiras!
Coa compañia "A Xanela do Maxín" e o seu espectáculo "O Apalpador e a nena sen medo" nos Centros Culturais de Compostela: Vite, Fontiñas, O Ensanche... en colaboración con Semente Compostela e na compañía de unha chea de crianzas dispostas a pasalo moi, pero que moi ben!